Sin categoría

Praia América celebra as grandes festas na honra da Virxe do Carme

Este fin de semana celébranse en Praia América, en Nigrán, as grandes festas na honra da Virxe do Carme.

A programación comezará o venres 28 de xullo cunha festa amenizada por DJ Charlie e DJ Blach.

O sábado 29 a verbena correrá a cargo da orquestra Costa Blanca e o grupo América.

O domingo 30 ás 10:00 da mañá entrada e pasarrúas do grupo de gaitas San Paio de Alxén. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne no campo de fútbol de Lourido seguida de procesión acompañada polo mesmo grupo. Pola noite, a verbena estará amenizada pola orquestra The Boys Machine e o grupo Anduriña.

O luns 31 ás 17:00 horas celebraranse as grandes cucañas para os nenos. Ás 22:30 horas comezará a verbena fin de festa coa actuación da orquestra Olympus e o grupo D’Momento. Ás 00:00 horas será a gran tirada de lumes de lucería.

O martes 1 de agosto celebrarase o Día do Neno.