Ferido un neno que ía en bicicleta tras ser atropelado por un autobús en Nigrán

Un autobús atropelou esta mañá en Nigrán un neno que circulaba en bicicleta. O menor resultou ferido. Os feitos producíronse no Cruce de Monteferro, en Panxón. O 112 Galicia recibiu unha chamada dun particular ás 11:10 horas desta mañá alertando do sinistro. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES do Val Miñor e á Policía Local.