O Centro Cultural de Baredo organiza unha excursión ás Rías Altas

FOTO: TURISMO DE GALICIA // Fervenza de Ézaro.

O Centro Cultural “A Cela” de Baredo organiza unha excursión ás Rías Altas o vindeiro sábado 12 de agosto. O prezo por persoa é de 37 euros e inclúe autobús, guía acompañante, comida en restaurante e seguro de viaxe. Os teléfonos de contacto son 606 963 279 ou 647 208 303.

A saída será desde Baredo dirección Ézaro e Cee para gozar destas marabillas da natureza. A súa fervenza é un lugar de obrigación a visitar as Rías Altas, a parte da súa zona de paseo e merendeiro que fan do lugar un sitio único. Comida no Hotel Millán en Negreira.

Pola tarde visitarase Pontemaceira e Noia, lugar o primeiro de paso obrigado para peregrinos que fan o camiño de Finisterre, para ao terminar regresar a Baiona.