Continúa o ciclo “Baiona con humor” con Coria Castillo

Este mércores 26 de xullo continúa o ciclo “Baiona con humor”, incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura, coa actuación de Coria Castelo. O monólogo comezará ás 23:00 horas na Praza do Concello de Baiona.

Aos 6 anos Coria Castillo gañou o seu primeiro diñeiro contando chistes a uns turistas na praia. Os seus pais estaban tan orgullosos que a puxeron a traballar roubando… sorrisos. Gañadora de varios concursos a nivel nacional… mesmo un de comer perritos, agora viaxa soa por toda España sen facer caso ás críticas dos demais… nin á súa nai que está pesada con que leve unha muda pero é que se aburre… non lle dá conversación…

Anuncios