Unha unidade móbil de doazón de sangue estará o luns en Gondomar e Nigrán

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // A unidade móbil de doazón de sangue en Gondomar.

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este luns 24 de xullo os municipios de Gondomar e Nigrán. Estará situada na Estación de Autobuses de Gondomar, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas e diante do Concello de Nigrán de 16:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo nos horarios indicados. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios