Juan Luis López e Laura González gañan a IX Subida á Groba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Juan Luis López de Guereñu cruzando a liña de meta no Alto da Groba.

Juan Luis López de Guereñu e Laura González Goce proclamáronse este sábado campións da novena edición da Subida á Groba. A proba cicloturista organizada polo Concello de Baiona superou os 200 inscritos e a última hora tamén incorporouse á liña de saída a ciclista Cinthya Coto Elizondo, do equipo de apoio do aventureiro Antonio de la Rosa, que visitou este venres Baiona durante a súa Volta á Península Ibérica en PaddelSurf.

As condicións meteorolóxicas acompañaron este sábado para non facer aínda máis complicada a xa de por si exixente Subida á Groba. A chuvia parou a tempo para que os corredores enfilaran o ascenso dende a saída neutralizada do Pavillón Municipal, que incluía unha volta de quentamento ata a rotonda de Baredo, pero a espesa néboa acompañounos durante gran parte do trazado.

Os 11 quilómetros de percorrido, cun desnivel de 620 metros e unha porcentaxe media de 5,6%, puxeron a proba a resistencia dos participantes dende os primeiros metros.

Na liña de meta, Juan Luis López Guereñu marcou un tempo de 32’29’’, tan só catro segundos por diante de Carlos Gómez Barciela e seis segundos por debaixo de Jorge Mera Álvarez. En categoría feminina, Laura González Goce completou a subida en 44’18’’, seguida de Cinthya Coto Elizondo e Belén Gándara Pereira. Mario García Ontiyuelo foi o primeiro baionés e María Cazorla Torrado, a primeira baionesa.

“Con respecto ao ano anterior aumentamos un 10% os participantes e esperamos que con pequenas modificacións consigamos asentar o evento no calendario deportivo do Concello de Baiona”, afirmou a concelleira de Deportes, María Jesús Martíns.

A IX Subida á Groba contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través do seu programa Galicia Saudable, de Valmiñor TV, Villarosa, Frutas María Vilar, Asociación Deportiva Socalcos, Sportpasion, Tramo Libre, Ecocubic, Axa Seguros, Eroski, A Caixa, Coca Cola, Peña Moteros Val Miñor, Club Ciclista Monte Boi. Efectivos de Protección Civil, Policía Local e operarios de Vías e Obras tamén colaboraron na organización da proba

VENCEDORES ABSOLUTOS “SUBIDA Á GROBA 2017”

• CAMPIÓN ABSOLUTO MASCULINO
JUAN LUIS LÓPEZ GUEREÑU (DORSAL 1)  – VIGO – 32’29’’

• CAMPIÓN ABSOLUTO FEMININO
LAURA GONZÁLEZ GOCE (DORSAL 85) – BAIONA- 44’18’’

• CAMPEÓN BAIONA MASCULINO
MARIO GARCÍA ONTIYUELO  (DORSAL 73)  – BAIONA – 32’41’’

• CAMPIÓN BAIONA FEMININO
MARÍA CAZORLA TORRADO (DORSAL 40)  – 48’30’’

JÚNIOR MASCULINO
1º ANXO CARRIL ROJAS (DORSAL 38) – NIGRÁN – 39’35’’
2º  RICARDO MARTÍN BUBA (DORSAL 31) – GONDOMAR – 39’50’’
3º MIGUEL RIVAS PELLICER (DORSAL 181) – VIGO – 47’59’’

SÉNIOR FEMININIO
1ª CRISTINA MUÑOZ MÉNDEZ (DORSAL 57) – NIGRÁN – 1H 31’48’’

SÉNIOR MASCULINO
1º CARLOS GÓMEZ BARCIELA (DORSAL 81) – VIGO – 32’33’’
2º JORGE MERA ÁLVAREZ (DORSAL 110) – VIGO – 32’35’’
3º CARLOS ALONSO VICENTE (DORSAL 2) – A GUARDA – 33’37’’

VETERANOS MASCULINOS
1º YAGO FERNÁNDEZ PAMPÍN (DORSAL 7) – VIGO – 33’20’’
2º JESÚS MONTOIRO FERRÁNDEZ (DORSAL 4) – VIGO – 33’40’’
3º LUIS RODRÍGUEZ GÓMEZ (DORSAL 138) – TUI – 33’52’’

VETERANOS FEMININOS
1ª CINTIA COTO ELISONDO  (DORSAL 189)  – MADRID – 44’36’’
2º BELÉN GÁNDARA PEREIRA (DORSAL 187) – TUI – 47’33’’
3º CRISTINA ALONSO ÁLVAREZ  (DORSAL 13) – BAIONA – 1H 10’51’’

CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS
1º CMB INTERNACIONAL TEAM  – 623 PUNTOS
2º CLUB ATLETISMO BAIONA  – 494 PUNTOS
3º PINARIUS Y AMIGOS – 488 PUNTOS

PARTICIPANTE DE MÁIS IDADE
SERGIO RODRÍGUEZ  (DORSAL 144) –  53’15’’ – 75 AÑOS

PARTICIPANTE MÁIS NOVO
DANNY JAN BUBA  (DORSAL 33) – 59’10’’ – 12 AÑOS

CLASIFICACIÓNS IX SUBIDA Á GROBA

El pase de diapositivas requiere JavaScript.