Feira de artesanía e antigüidades no parque da Palma

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Baiona acolle este sábado 22 e o domingo 23 de xullo a feira de artesanía e antigüidades “Revolto Artesanal”. Os postos estarán instalados no parque da Palma durante todo o día. O evento está incluído na programación cultural e de lecer Baiverán 2017 organizada pola Concellería de Cultura.