XIV Festa Gastronómica «As delicias do porco» en Couso

A Banda de Gaitas Novos Aires de Couso e a Comunidade de Montes de Couso organizan o domingo 13 de agosto coa colaboración da Concellería de Cultura de Gondomar a XIV Festa Gastronómica “As delicias do porco”, no torreiro da festa da Virxe dos Remedios.

Haberá variedades de tapas de porco, zorza, lacón, orella… sen reserva. As reservas para o porco ao espeto poden realizarse ata o 10 de agosto no teléfono 609 90 36 35.

Un porco enteiro, para 20 persoas aproximadamente, terá un prezo de 340 euros, e inclúe 8 botellas de viño tinto, 4 botellas de viño branco, 4 botellas de auga, 2 empanadas, 2 roscas e pan.

Medio porco, para unhas 10 persoas, custará 170 euros, incluíndo 4 botellas de viño tinto, 2 botellas de viño branco, 2 botellas de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan.

Un cuarto de porco, para 5 persoas, serán 100 euros, e inclúe 2 botellas de viño tinto, 1 botella de viño branco, 1 botella de auga, 1 empanada, 1 rosca e pan.

Anuncios