Gran sardiñada en Praia América

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Como cita previa á celebración das festas do Carme de Praia América, este sábado 22 de xullo, desde as 12:00 horas haberá unha gran sardiñada en Lourido. Organizada pola Comisión de Festas da Virxe do Carme haberá degustación de sardiñas e viño, e para amenizar a xornada haberá diversas actuacións musicais.

As festas comezarán o venres 28 de xullo cunha festa de DJs, e continuarán ata o luns 31 con verbenas, pasarrúas, cucañas e gran tirada de lumes de lucería.