Atopan un can agonizando baixo unhas pedras en Chan da Lagoa

A protectora de animais Baisenpulgas pide colaboración para pescudar de quen era un can, atopado agonizando tapado por unhas pedras enormes en Chan da Lagoa, Baiona.

Trátase dun macho, con orellas e rabo curto, cruzamento de ppp.

Tras levalo de urxencia ao veterinario o parte médico indica que ten un traumatismo cráneoencefálico con esquirlas de óso na masa cerebral, con prognóstico grave.

«Non imos descansar ata atoparte desgraciado. Ninguén merece sentir isto que lle fixeches», advirten desde a protectora.

Así mesmo piden doazóns para afrontar os gastos. O número de conta é Abanca ES30 2080 5015 6130 4002 8917.

FB_IMG_1500589058954

Anuncios