Sin categoría

60 nenos participan nos campamentos gratuítos de verán do Concello de Baiona

Un total de sesenta nenos participarán este ano nos Campamentos Urbanos de Verán do Concello de Baiona. A actividade é totalmente gratuíta e está organizada polas Concellerías de Cultura e Xuventude.

Os Campamentos Urbanos celébranse cada ano no municipio de Baiona para ofrecer a posibilidade de que os nenos e nenas empreguen o seu tempo libre estival participando en actividades de forma organizada e planificada, a través de actividades de calidade, promovendo a corresponsabilidade, a cooperación, a educación en valores, coñecendo os espazos públicos municipais, e fomentando a convivencia entre os rapaces empadroados e os rapaces que teñen no concello a súa segunda residencia.

Para a celebración das actividades, dedicadas a nenos de entre 5 e 11 anos, establecéronse dúas quendas: do 14 ao 31 de xullo (agás o 18, e 25 de xullo, por ser festivos) e 1 ao 14 de agosto. Os horarios son de luns a venres de 10.30 a 13.30 horas e hai 30 prazas por quenda.

Durante o campamento desenvólvese un programa de actividades de lecer e tempo libre previamente programado. Así hai xogos de cooperación, visitas á Carabela Pinta e a Virxe da Rocha, realizan un tramo do Camiño pola Costa, unha festa temática cada fin de quenda, etc. A recepción dos participantes sempre terá lugar na Praza do Concello.