A Agrupación Musical de Belesar celebra este mércores 19 de xullo o seu Festival de Verán na Praza do Concello de Baiona. Como invitada, actuará tamén a Banda Vinalesa de Valencia. O concerto, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017 organizado pola Concellería de Cultura, comezará ás 23:00 horas.
Festival de Verán da Agrupación Musical de Belesar na Praza do Concello de Baiona

