Cinco persoas feridas nun accidente en Nigrán

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión entre dous coches, rexistrada hoxe en Nigrán.

O sinistro tivo lugar na estrada que conecta Nigrán con Vincios, á altura do Pazo da Touza. Ás 13:25 horas, unha persoa particular explicaba a situación ao 112 Galicia.

Decontado, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias e ao GES do Val Miñor. Tamén se alertou a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.

Anuncios