Baiona celebra a festividade da súa filla ilustre Santa Liberata

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Este xoves, 20 de xullo, a vila de Baiona honra á súa filla ilustre Santa Liberata. O día comezará ás 11:00 da mañá cunha misa cantada na capela que leva o mesmo nome que a Santa. Pola tarde, ás 20:00 horas celebrarase a Misa Solemne na Igrexa Parroquial de Santa María de Baiona. Deseguido terá lugar a procesión, e ao finalizar, a veneración da reliquia da ilustre paisana.