Anuncios
Ticker de novas

Brais Gómez, convocado coa Selección de Galicia para a Txuma Internacional de Cadetes

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A Federación Galega de Ciclismo deu a coñecer este luns os corredores convocados para disputar desde este venres 21 ata o domingo 23 a Txuma Internacional de Cadetes.

Son seis ciclistas os que conformarán a Selección de Galicia nesta proba internacional de gran prestixio, á que tamén asistirán as de Catalunya, Madrid, Navarra, Aragón, Asturias, Valencia e Murcia, entre outras.

O baionés Brais Gómez Cima (Ponteareas), que xa foi convocado para participar no Campionato de España de Ciclismo Escolar que se celebrou do 7 ao 9 de xullo en Ávila, volverá formar parte do conxunto galego. Xunto a el, Miguel Ángel Mera (Cortizo – Anova), Daniel Sanín Sánchez (Compostelano), Diego Rodríguez Vilariño (Cambre – Caeiro), Rubén Durán Frais (Carballo a un Paso) e Adrián López Munín (Compostelano).

Anuncios