Anuncios
Ticker de novas

A Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar doa 300 quilos de alimentos para o fondo municipal

O Concello de Gondomar continúa impulsando o fondo de alimentos municipal que puxo en marcha o goberno local para axudar ás persoas con menos recursos do municipio. O almacén de alimentos recibiu 300 quilos de víveres que foron doados ao municipio pola Asociación de Mulleres Rurais San Benito e que serán distribuídos entre as familias gondomareñas que reúnen actualmente os requisitos para acceder a estas axudas.

A concellería de Servizos Sociais, dirixida por Rocío Cambra, é a responsable do programa de axuda alimentaria para familias desfavorecidas, recollendo e almacenamento os produtos doados nos locais do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar. O Concello distribúe os produtos entre os beneficiarios o primeiro martes de cada mes no CDL.

Anuncios