3.000 persoas empápanse de pintura e música electrónica en Praia América

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Midnight Paint Party en Praia América.

Máis de 3.000 nenos e mozos asistiron este sábado á “Midnight Nigrán Paint Party”, un concepto novo de diversión nacido en Eivissa que combina a música electrónica en directo con choiva pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón…

A “Midnight Nigrán Paint Party”, que se celebrou en 1.500 m2 da zona de aparcadoiro de Praia América-Lourido, é unha experiencia completa onde o público, ademais de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, puido bailar con DJs nacionais e internacionais de primeiro nivel.

O evento estivo destinado a un público familiar pola mañá, e os maiores de 16 anos, puideron gozar desde as 15:00 ata as 23:00 horas de 8 horas de música con Nexuz, Groove Amigos, Albert González, Steven Rod, Traffic House, The Prieto Brothers, Gus G e o recoñecido DJ baionés Yaggo, que recentemente saltou ao panorama internacional coa súa participación na Nova Era EDP Beach Party en Matoshinhos (Portugal), compartindo cartel cos mellores DJs do planeta, Martin Garrix e Hardwell.

A pintura, a gran protagonista, dispensouse desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

A marca “Midnight” é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e conseguindo o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de lecer nocturno.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios