Anuncios
Ticker de novas

Últimos días para inscribirse na IX Subida Cicloturista á Groba

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O Concello de Baiona convocou para o vindeiro 22 de xullo unha nova edición da tradicional Subida á Groba, a proba de carácter cicloturista e popular, de curta distancia pero de duro percorrido (11 quilómetros con un desnivel de 620 metros e unha porcentaxe media do 5,6%).

A Concellería de Deportes manterá o prazo de inscrición aberto ata o mércores 19 de xullo, aínda que as prazas son limitadas e serán aceptadas por rigorosa orden de chegada. As inscricións para a IX Subida á Groba poderán facerse a través da plataforma www.championchipnorte.com, fisicamente no Pavillón Municipal de Baiona ou a través do email deportes@baiona.org.

A organización estableceu as categorías Júnior masculino e feminino (nados entre 1998 e 2002); Sénior masculino e feminino (de 1977 ata 1997); Veteranos masculino e feminino (anteriores a 1976); Censados en Baiona masculino e feminino (ata 2002) e Equipos, que pode ser mixto.

A saída dende o Pavillón Municipal será ás 11:00 horas e neutralizada, para facer un percorrido de quecemento ata rotonda de Baredo e volta. A saída oficial será dende a Virxe da Rocha e a meta estará no Alto da Groba (Poza Negra).

Anuncios