Rastrexo nocturno por Camos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Posta de sol en Camos.

A Comisión de Festas de Camos, en colaboración coa Comunidade de Montes e o Concello de Nigrán, ofrece este sábado o seu primeiro rastrexo titulado “En busca del alma perdida”. Con máis de 400 inscritos en grupos de 6 a 12 persoas, os participantes percorrerán os montes e camiños co obxectivo de axudar a guiar cara a luz esta alma perdida. A saída terá lugar ás 22.30 horas dende a Asociación de Veciños no campo de bolos de Barreiro.