Anuncios
Ticker de novas

Falece un home en Praia América mentres se bañaba

FOTO: PEPE COSTAS

Un home duns 45 anos perdeu a vida este venres cando se bañaba en Praia América, en Nigrán. A vítima, duns 45 anos, foi rescatada tras darse a alerta desde unha embarcación de Protección Civil e trasladada a terra, pero nada se puido facer por salvarlle a vida.

Os feitos rexistráronse ao redor das 17:00 horas cando o home sufriu unha indisposición mentres se estaba bañando. Os primeiros indicios apuntan a que sufriu un infarto. Na beira practicáronselle manobras de reanimación, pero non tiveron éxito e só puideron certificar o falecemento.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e da Policía Local de Nigrán.

Anuncios