O nigranés Mario Méndez e o baionés Cristian Suárez, integrantes do Club de Loita Sabarís, incorporáronse o 10 de xullo á concentración para novos talentos deportivos que queren acceder ao CGTD de Pontevedra levada a cabo pola Federación Galega de Loita e D.A.
En total, durante as dúas primeiras semanas de xullo, están concentrados 12 mozos e 6 mozas, entre os que tamén se atopa o seu compañeiro de club, e tamén de Baiona, Anxo Uzal, que participa na concentración desde o pasado 3 de xullo. Os adestramentos están dirixidos polo técnico Alexander Kachelaev.
Xunto con esta concentración, tamén se está levando a cabo a preparación para os deportistas convocados coa Selección Nacional absoluta de cara o Torneo Internacional Gran Premio de España de Loitas Olímpicas, que terá lugar o 15 de xullo en Madrid. Os 18 deportistas convocados, compartirán dobre sesión de adestramento durante esta semana.

