III Encontro de Economía Social de Gondomar

Este venres 14 de xullo ás 20:30 horas terá lugar o III Encontro de Economía Social de Gondomar, que acontecerá no Centro de Desenvolvemento Local. O obxectivo desta xornada é o de iniciar o proceso de deseño dun mercado social. O equipo de traballo iniciador presentará o plan de desenvolvemento e as fases do proceso.

Os asistentes poderán achegar as súas visións e ideas a este desenvolvemento colectivo que quere xerar unha experiencia de éxito no Val Miñor, e para iso precisan de todas as persoas que teñan unha sensibilidade ou experiencia previa sobre o tema.

Orde do día

1. Presentación das persoas e colectivos asistentes.
2. Resumo do proceso (informativo).
3. Presentación da Proposta para o Desenvolvemento dunha Economía Social en Gondomar.
https://pads.imaxinaria.org/p/proposta_ecosocial_gondomar
4. Debate da proposta.
5. Organización de prazos e grupo(s) de traballo.
6. Varios.