
Os dous ocupantes dunha moto resultaron feridos nun choque contra un vehículo rexistrada esta noite en Nigrán. Ocorreu na rúa Rans, na zona de Praia América.
Unha persoa particular deu a voz de alarma ao 112 Galicia ás 22:00 horas desta noite. Segundo explicou, os vehículos accidentados estaban a entorpecer a circulación na zona.
Con estes datos, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias alertou ao 061-Urxencias Sanitarias e ao GES do Val Miñor. A situación tamén foi posta en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.