A Comisión de Festas de Gondomar, en colaboración co Concello, a Concellería de Cultura e a Deputación de Pontevedra, organiza un ano máis as Festas Patronais de San Bieito, que comezaron o venres con pasarrúas, verbenas, actos relixiosos… Tampouco faltan as atraccións para que os nenos e nenas divírtanse.
A xornada do mércores 12, coa que finalizarán os festexos, estará dedicada a San Antonio. Ás 18:00 horas terán lugar as tradicionais “poxas”, a cargo de Carlos Riveiro, coñecido como “Carlos de Gondomar”. Ás 20:30 horas celebrarase a Misa Solemne e procesión na honra de San Antonio, e ao finalizar a Festa da Gratitude e ofrenda de flores á Virxe do Carme. Pola noite, a verbena fin de festa estará amenizada pola Orquestra Saudade.
Mércores 12 de xullo, na honra de San Antonio
Ás 18:00 h. Poxas na honra de S. Antonio a cargo de Carlos Riveiro «Carlos de Gondomar»
Ás 20:30 h. Misa Solemne e procesión na honra de S. Antonio
Verbena coa Orquestra Saudade
Actos relixiosos
O 16 de xullo ás 20:30 h. haberá Misa e procesión en honra á Virxe do Carme.

