Anuncios
Ticker de novas

O IEM abre o prazo para inscribirse na xeira nocturna polo mar de Panxón

FOTO: INSTITUTO DE ESTUDOS MIÑORÁNS // Unha das xeiras marítimas do IEM.

Comeza o prazo para inscribirse na xeira nocturna “Polo mar de Panxón. Talasonimia e naufraxios” dende mañá martes 11 de xullo ata o 19 de xullo no teléfono 986 36 05 75 dende as 10:00 ata as 13:00 horas.

Esta terá lugar o venres 21 de xullo, e contará coa presenza e guía do especialista Xosé Lois Vilar Pedreira.

O punto de encontro será o Porto de Panxón ás 22:00 horas e, para participar hai que facer unha reserva de praza tal como se recolle nas bases destas xeiras (https://www.iem.gal/xeiras/calendario/1407-2017-06-28-14-43-39).

Nestas rutas marítimas a organización resérvase o dereito de anular a saída de non acadarse o mínimo de 100 viaxeiros/as.

Anuncios