Anuncios
Ticker de novas

“Cine na Praza” en Sabarís coa película “Padres por desigual”

Este martes 11 de xullo proxéctase a película “Padres por desigual” na Praza Vitoria Cadaval de Sabarís ás 23:00 horas dentro do ciclo “Cinema na Praza”, incluído no programa cultural e de lecer Baiverán 2017, organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.

Brad Taggart, un executivo que acaba de casar, tenta por todos os medios gañarse o afecto dos fillos de Sarah, pero resúltalle moi difícil porque os nenos botan moito de menos ao seu pai. As cousas poñeranse peor co regreso de Dusty, ex marido de Sarah e pai dos dous nenos. Entre eles xorde unha forte rivalidade: un tenta integrarse na súa nova familia, o outro pretende reconquistar á súa ex esposa e aos seus fillos.

Anuncios