Anuncios
Ticker de novas

Brais Otero, Mireya Represa e Artai Bringas ocuparon o podio do III Torneo de Xadrez Val Miñor

FOTO: CLUB DE XADREZ LAROCA

Este fin de semana celebrouse nos locais do club Xadrez Laroca en Mallón o III Torneo de Xadrez “Val Miñor – Sub 2200”, valedeiro para Elo Fide e cunha participación de 39 xadrecistas.

A competición disputouse a seis roldas cun tempo de 60 minutos máis un engadido de 30 segundos por movemento, repartidas entre o sábado e domingo.

Brais Otero Nogueira do club xadrez Mos, con 5,5, proclamouse campión quedando no segundo lugar a laroqueira Mireya Represa Pérez con cinco puntos e no terceiro posto o tamén laroqueiro Artai Bringas Gómez con outros cinco puntos.

Anuncios