Marcos Vila e Sofía Suárez gañan a VIII Travesía a Nado Vila de Baiona

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Marcos Vila e Sofía Suárez no podio como vencedores absolutos da VIII Travesía a Nado de Baiona.

A praia da Ribeira acolleu este sábado a celebración da VIII Travesía a Nado Vila de Baiona, que logrou este ano o seu récord de participantes cun total de 340 inscritos repartidos nas categorías Sub-12, que deberon completar 100 metros, Sub-16, cun percorrido de 600 metros, e Adultos e Veteranos, que completaron 1.900 metros a nado entre as Praias da Barbeira e A Ribeira.

Do mesmo xeito que na edición anterior, Marcos Vila Cid foi o primeiro en cruzar a liña de meta cun tempo de 22’17’’. Sofía Suárez García completou o percorrido en 28’01’’, converténdose na campioa feminina. Os primeiros baioneses en chegar á meta foron Marcos Domínguez Aguiar, cun tempo de 25’17’’, e Andrea Pérez Fernández, que completou os 1.900 metros en 32’57’. Por equipos, o vencedor foi o SOS Redondela.

En Sub-12, o vencedor foi Pablo Martín Novas. Yago Vicente Ferreira e Nicolás Manuel Cons Gestido foron segundo e terceiro respectivamente. Zoe Vázquez González foi a primeira en cruzar a meta, seguida de Vitoria Anna Cons Gestido en segunda posición e Naiara Eijo Gil pechando o podio.

En Sub-16, José María Villaverde Campos foi o primeiro en completar os 600 metros. Anxo López Calvar foi segundo e Daniel González Domínguez terceiro. Ángela Cobelo Represas foi a campioa na categoría feminina, mentres que Sara Iglesias Gómez e Ana Paula Eijo Gil ocuparon o segundo e terceiro caixón do podio respectivamente.

A Travesía a Nado de Baiona está organizada pola Concellería de Actividades Marítimas coa colaboración da Piscina Mancomunada do Val Miñor.

CLASIFICACIÓNS

TRAVESIA_BAIONA_2017_ADULTOSyVETERANOS

TRAVESIA_BAIONA_2017_ADULTOSyVETERANOS_BAIONA

TRAVESIA_BAIONA_2017_ADULTOSyVETERANOS_EQUIPOS

TRAVESIA_BAIONA_2017_ADULTOSyVETERANOS_POR_CATEGORIAS

TRAVESIA_BAIONA_2017_ADULTOSyVETERANOS_POR_SEXOS

TRAVESIA_BAIONA_2017_SUB12

TRAVESIA_BAIONA_2017_SUB12_POR_CATEGORIAS

TRAVESIA_BAIONA_2017_SUB16

TRAVESIA_BAIONA_2017_SUB16_POR_CATEGORIAS

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios