Anuncios
Ticker de novas

Cantares do Brión participa na Gala do Centenario de Cántigas da Terra

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

O coro miñorano Cantares do Brión participa este domingo, 9 de xullo, na Gala do Centenario de Cántigas da Terra, que terá lugar no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Nesta gala interveñen: Cantares do Brión, Os Melidaos e Cántigas da Terra. No repertorio de Cantares do Brión, composicións de coristas como Luís Correa, X. Antón Silva, e do seu director, Pablo Rial.

Ademais das intervencións particulares de cada grupo, haberá pezas interpretadas en conxunto.

Anuncios