
“Cultura no Camiño” chega ao Concello de Nigrán este sábado co “Pasarrúas máxico” ás 18.00 horas no paseo marítimo de Panxón a cargo de a compañía “A illa dos nenos”, unha proposta de teatro e animación pensada nos máis cativos.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), está a desenvolver “Cultura no Camiño” en colaboración con 93 municipios das diferentes rutas xacobeas e co patrocinio da empresa Gadis.
En Nigrán haberá 4 actuacións en total, seguindo o 25 de xullo co Mago Javier Muro, que ofrecerá o seu espectáculo “Sintonía Máxica” en Santiago de Parada ás 19:00 horas. Na Alameda de San Campio da Ramallosa actuará a Compañía Asacocirco o 12 de agosto ás 17:30 horas. Finalmente, o 27 de agosto ás 17:00 horas na Praza do Concello, Troula Animación presentará a obra de teatro infantil “Hakuna Matata”.