
O Concello de Gondomar repoñerá máis de 200 colectores novos para a recollida do lixo; limparanse todos os colectores restantes e levará a cabo a desratización de colectores e lugares de localización dos mesmos.
Tamén se colocará un adhesivo indicativo cos novos horarios de recollida de lixo e de aveños voluminosos que serán trasladados ao momento limpo.
Está iniciativa irá acompaña da vixilancia e control policial que se encargará de localizar as verteduras incontroladas e infractores que incumpran a vixente ordenanza municipal de medio ambiente e convivencia, así como das receptivas campañas de concienciación cidadá que levarán a cabo.
Segundo informa o alcalde, Paco Ferreira, no próximo pleno municipal prevese aprobar o prego de contratación do novo servizo municipal de Residuos Sólidos Urbanos, vidro, cartón e xestión do punto limpo. “Con iso, darase un xiro de 180 graos á problemática existente en Gondomar desde hai anos, o que obriga para manter o servizo, o pago das facturas con reparo de intervención”, concluíu o rexedor.