Anuncios
Ticker de novas

A Agrupación Musical de Vincios celebra o seu XVI Festival de Bandas de Música

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Concerto da Agrupación Musical de Vincios na Praza do Concello de Gondomar.

Este venres 7 de xullo a Agrupación Musical de Vincios celebra o seu XVI Festival de Bandas de Música. O evento terá lugar na Praza do Concello de Gondomar ás 21:30 horas e os convidados nesta ocasión son a Banda de Música Lira de San Miguel de Oia e a Banda Xuvenil de Barro, ambas recoñecidas pola súa traxectoria musical e os seus numerosos premios acadados. Ademais, a banda anfitrioa, a Agrupación Musical de Vincios, será a encargada de pechar o acto.

Organizan a Agrupación Musical de Vincios, o Concello de Gondomar e a Concellería de Cultura, coa colaboración de Agua Sana, Rosquillas Cristaleiro e a Deputación de Pontevedra.

Anuncios