Nigrán entrega medio centenar de novos composteiros aos veciños

O Concello de Nigrán, na súa aposta pola xestión sostible dos residuos, entregará mañá medio cento de novos composteiros aos veciños que previamente os solicitaron. Estes aparatos se suman aos 30 que o Concello xa repartiu tamén de xeito gratuíto no mes de marzo. «Apostamos pola compostaxe doméstica porque, dadas as características do municipio, á xente resúltalle máis práctico autoxestionarse porque dispoñen de pequenas hortas ou fincas nas que poder reutilizar en xeito de compost os desperdicios que xera a familia», explica Diego García, edil de Medio Ambiente.

A entrega de composteiros será este xoves ás 20.00 horas no salón de plenos, onde se realizará un mini curso de compostaxe explicando aos asistentes o procedemento e resolvendo as dúbidas. A entrada é aberta a todo o interesado no tema e tamén para aquel que queira anotarse na lista de agarda para unha terceira remesa de composteiros.