Un centenar de nenos e nenas participan no Gondoverán

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Ferreira e Lameiro no acto de apertura do Gondoverán.

Este luns deu comezo o Gondoverán, coa presenza do alcalde, Paco Ferreira, e a concelleira de Deportes, Nuria Lameiro, un programa de lecer e tempo libre para fillas e fillos de familias traballadoras co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo.

Das 130 solicitudes presentadas, un total de 100 rapaces van participar dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento da contorna próxima. Gondoverán levarase a cabo durante todo o mes de xullo e terá como sede o CEIP Chano Piñeiro en Gondomar. O seu horario de funcionamento será de 9:00 a 14:00 horas con posibilidade de incorporación de 8:00 a 9:00 horas e de saída de 14:00 a 15:00 horas.