Gondomar pecha o curso de memoria para maiores cunha merenda

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Os participantes do curso na merenda.

Os/as 30 participantes do Curso de Memoria para Maiores de 55 anos do Concello de Gondomar, programado a través da Concellería de Benestar Social que dirixe Rocío Cambra e impartido polo Centro de logopedia, psicoloxía e pedagoxía Lingoreta, participaron nunha pequena “merenda” de fin de curso acompañados/as da profesora que impartiu as clases e da concelleira.

Este curso tiña como obxecto mellorar a calidade e condicións de vida e axilidade mental das persoas maiores e acadar un maior desenvolvemento das súas actividades diarias.

A duración do mesmo foi dende febreiro ata xuño, en horario de 10:30 a 11:45 horas, e de 11:45 a 13:00 horas, en dúas quendas, no Centro Neural, dous días á semana, martes e xoves.

Anuncios