Anuncios
Ticker de novas

Grandes festas na honra de San Antonio e o Señor en Vilaza

A parroquia gondomareña de Vilaza celebra este fin de semana as grandes festas na honra de San Antonio e o Señor.

O venres 30 de xuño, a orquestra Magos e o grupo América SL serán os encargados de amenizar a verbena nocturna.

O sábado 1 de xullo ás 19:00 horas celebrarase unha Misa na honra de San Antonio. A continuación, ás 20:00 horas, terán lugar as típicas poxas, e pola noite, ás 22:30 horas, a verbena estará amenizada pola orquestra Costa Blanca e o grupo Ritmo.

O domingo 2 ás 10:00 da mañá a Charanga Va K Pinta ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía comezará a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola mesma charanga.

Anuncios