Gondomar oferta un obradoiro de percusión e outro de skateboard

A Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, oferta á mocidade para o mes de agosto dúas actividades de ocio alternativo, lúdico e con marcado carácter xuvenil, un obradoiro de percusión e outro de skateboard.

O obradoiro de percusión desenvolverase do 1 ao 5 de agosto, dirixido a mozos e mozas entre 10 e 20 anos. A través de elementos como bidóns, cubos de pintura, botellas, latas de conserva… os participantes aprenderán a facer unha batucada dando a coñecer a infinidade de elementos que poden ser empregados como instrumentos musicais. A inscrición para este obradoiro realizarase do 4 ao 28 de xullo.

Do 7 ao 11 de agosto será o obradoiro de skateboard, pioneiro neste concello. Con este deporte urbano, quérese fomentar e axudar aos apaixonados do mundo do deslice a oportunidade de iniciarse nel de forma segura e con control. A preinscrición será do 3 ao 31 de xullo.

Para máis información chamar ao 986 369 746, Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).