Concerto solidario a favor de Bai.senpulgas en Patos

FOTO: BAI.SENPULGAS // Paseo perruno de Bai.senpulgas.

A Cafetería Chimpú (Praza Mario Puentes Nº 5, Patos-Nigrán), acolle este venres 30 de xuño ás 20:30 horas un concerto solidario a favor da Protectora de Animais Bai.senpulgas. Mar Gómez ao piano e Leo Blanco ao violín interpretarán bandas sonoras e cancións populares. Agradeceranse todos os donativos, xa sexa en diñeiro ou en penso para cans e gatos. Ademais, faranse dous sorteos entre os asistentes.

Anuncios