Baiona organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda

O Concello de Baiona organiza unha excursión ao Aquapark de Cerceda o vindeiro sábado 8 de xullo. As instalacións contan con piscina infantil e de chapoteo, tobogáns, géiser e jacuzzi, aquatubo aberto e pechado, piscina de ondas, kamikace, multipistas, etc.

A saída será ás 9:45 horas desde a Oficina de Turismo, situada no Parque da Palma, con regreso previsto ás 21:00 horas.

O prezo das inscricións é de 7,5 euros por persoa. Máis información e inscricións na Omix, 2ª planta do Concello de Baiona, ou no teléfono 986 38 59 25. As prazas son limitadas e dirixidas preferentemente a empadroados en Baiona.