Anuncios
Ticker de novas

San Pedro da Ramallosa honra ao seu patrón

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia nigranesa de San Pedro da Ramallosa celebra os días 28, 29 e 30 de xuño as festas na honra de San Pedro.

O mércores 28 as orquestras encargadas de amenizar a verbena serán Saudade e Charlestón Big Band.

O xoves 29 a partir das 10:00 da mañá a Banda de Música Agrupación Musical de Belesar ofrecerá un pasarrúas. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne seguida de procesión acompañada pola mesma Banda de Música, e pola noite, as orquestras Televisión e Olympus amenizarán a verbena.

O venres 30 ás 17:30 horas terán lugar as Grandes Cucañas para os nenos e pola noite, a verbena fin de festa correrá a cargo das orquestras Israel e Trébol.

Anuncios