Curso de elaboración de pans e bolería no Centro Sociocomunitario de Baiona

Durante o mes de xullo desenvolveranse algunhas actividades de cociña nas instalacións do Centro Sociocomunitario de Baiona. Comezarán cunha dedicada á elaboración de pans, masas especiais e bolería, curso dirixido por Patricia Martínez, que se desenvolverá en catro xornadas, unha á semana, en horario de mañá e de tres horas de duración cada unha. Máis información e inscricións nos teléfonos 886 110 123 ou 886 110 124 ou no correo electrónico c.b.s.baiona@xunta.gal.