Anuncios
Ticker de novas

Chaín celebra as festas da Virxe da Merced

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

A parroquia gondomareña de Chaín está este fin de semana de festas na honra da Virxe da Merced.

A Comisión de Festas ten preparado un programa para todos os públicos no que non pode faltar a tradicional sardiñada de San Xoán, o sábado 24 de xuño ás 21:30 horas, amenizada polo grupo de gaitas do centro cultural “A Merced” de Chaín, ao que seguirá o grupo de acordeóns Argonat Band e o trío Danubio. Previamente, ás 20:00 horas, terá lugar a Procesión do Encontro das imaxes de San Xosé e a Virxe do Merced, seguida de Misa ás 21:00 horas.

O domingo 25 haberá pasarrúas e concertos ás 12:00 do mediodía e ás 14:00 horas a cargo da Banda de Música de Candeán. Ás 12:30 celebrarase a Misa Solemne na honra da Virxe da Merced con posterior procesión. Pola noite, ás 21:30 horas, actuará o grupo folk Pelepau e o trío Tic-Tac.

Anuncios