Anuncios
Ticker de novas

II Campus Total Tenis Concello de Gondomar

FOTO: CLUB DE TENIS GONDOMAR // I Campus Total Tenis.

Un ano máis o Club de Tenis Gondomar organiza o II Campus Total Tenis, con adestramentos intensivos para os grupos de competición e moita diversión para os máis peques. Excursións, sendeirismo, xogos tradicionais, festa da auga…

Este ano como novidade incorpora o inglés, clase sobre quecemento e estiramentos orientados á práctica do tenis da man de Garabullo fisioterapia, e contarán coa presenza de Manuel Santomé Sequeiros, actual número 1 do ránking galego.

O campus desenvolverase do 3 ao 14 de xullo de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos. O prezo é de 40 euros/1 semana e de 70 euros/2 semanas. As inscricións poden realizarse no teléfono 680 124 239 ou a través do correo electrónico ctgondomar@hotmail.es. As prazas son limitadas.

Anuncios