Proxección da película “La Fiesta de Despedida” e charla-coloquio sobre a eutanasia en Nigrán

O Concello de Nigrán e o grupo “Oes Ves” do Centro de Saúde Val Miñor presentan este xoves 22 de xuño ás 19.00 horas no Auditorio Municipal a proxección da película “La Fiesta de Despedida”. Trátase dunha longametraxe xermano-israelí dirixida por Sharon Maymon e Tal Granit que aborda o tema da eutanasia. Posteriormente haberá unha charla-coloquio a cargo das expertas María Xesús Lago Vilaboa (xefa do servizo de traballo social EOXI Vigo) e Irene Esperón (psicóloga EOXI Vigo). A entrada é de balde.

A película narra a historia de Yehezkel, un home de 75 anos que vive nunha residencia de anciáns de Xerusalén. Max, o seu mellor amigo, atópase nun estado terminal e quere morrer en paz, polo que Yehezkel está decidido a cumprir o seu desexo. O traballo obtivo a Espiga de Oro do Festival de Valladolid 2014 e o Premio do Público do Festival de Venecia 2014.

Anuncios