O Centro Juan María celebra o fin de curso coa súa tradicional “paellada”

FOTO: CENTRO JUAN MARÍA

O Centro Juan María de Parada celebrou este sábado a tradicional comida de confraternidade coa que todos os anos pechan o curso. Os usuarios, acompañados por familiares e autoridades, compartiron mesa para gozar dunha deliciosa paella. O evento reuniu a máis de 200 comensais, entre eles, os alcaldes de Nigrán, Baiona e Gondomar. Ademais, contou coa actuación do grupo Ardelume de Baíña.

O Centro Juan María é unha asociación de nais, pais e titores/as de persoas con discapacidade intelectual que se uniu, hai xa 33 anos, para achegar aos seus fillos/as ou tutelados/as o benestar, a protección, educación e os apoios que necesiten para a súa inclusión social e laboral plena na contorna no que viven. Cada día, son 50 as/os profesionais que colaboran neste empeño, dando cobertura á poboación de Nigrán, Gondomar, Baiona, Vigo e Mos.