Anuncios
Ticker de novas

Morgadáns inicia a tempada de curros no Val Miñor

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Curro de Morgadáns.

A Entidade Local Menor de Morgadáns vivirá este domingo o tradicional curro da parroquia. As tarefas comezaron o sábado, cando os gandeiros xuntan os equinos na parte alta do monte, para o domingo baixalos ao recinto, onde entrarán ao “curro” ao mediodía. Tras a celebración da comida campestre, pola tarde serán as tarefas de separalos, desparasitarlos, marcalos, cortarlles as crines, para ao final, volver deixalos en liberdade, todo no medio dunha festa popular.

A celebración do curro sempre é unha boa oportunidade para achegarse a vivir de preto a que, posiblemente, sexa a maior das celebracións tradicionais de Galicia, na que se conxuga a beleza do espazo natural coa heroicidade dos “aloitadores” e a festividade da comida campeira e o bulicio da música.

O curro de Morgadáns desenvólvese no chamado lugar das Fechaduras na ladeira do Monte Aloia, na vertente orientada cara o Val Miñor. Na edición do ano pasado se “baixaron” un centenar de cabalos.

Anuncios