Concello de Nigrán e Deputación realizan traballos de mantemento nos campos de fútbol municipais

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra realizaron durante esta semana traballos de mantemento dos dous campos de fútbol municipais de Nigrán, o de Condomínguez e Vilariño. Así, unha máquina varredora peiteou o céspede artificial descompactando a superficie de xogo, sacando o caucho, levantando o pelo de céspede artificial, cribando o caucho e posteriormente devolvéndoo limpo á superficie, retendo a sucidade. Esta operación se repite ao longo do ano para conservar as instalacións nas mellores condicións para xogar.