Anuncios
Ticker de novas

Baiona acollerá por primeira vez a entrega das Bandeiras Azuis ás praias galegas

FOTO: XUNTA DE GALICIA // Acto de entrega das Bandeiras Azuis do 2016.

Baiona acollerá o vindeiro luns, 19 de xuño, por primeira vez na súa historia, o acto de entrega das Bandeiras Azuis a todas as praias de Galicia. Alberto Núñez Feijóo, máximo responsable do Goberno galego, presidirá a cerimonia que vaise celebrar nas instalacións do Monte Real Club de Yates de Baiona ás 12:30 horas.

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) concedeu este ano a súa distinción de bandeira azul ás praias de Barbeira, Os Frades, A Ribeira e A Concheira, ademais de premiar tamén co mesmo galardón ao Monte Real Club de Yates e ao Porto Deportivo de Baiona. Desta forma a Vila logra en 2017 o maior número de areais premiados e por primeira vez na súa historia consegue unha bandeira azul para A Concheira.

A Xunta de Galicia quere este ano recoñecer a labor do Concello de Baiona celebrando na Vila un acto ao que acudirán representantes do 38 concellos galegos para recoller os 113 galardóns concedidos este ano por Adeac. Ademais, tamén foron concedidas distincións a 18 portos deportivos e a 15 centros azuis.

No caso de Baiona, ademais das catro bandeiras azuis para as praias e as dúas para os portos, tamén renovou o galardón para o seu sendeiro litoral.

“Para nós é un orgullo acoller este acto que ven a pór en valor o traballo feito dende a nosa Concellería de Medio Ambiente. Este ano temos por primeira vez a bandeira da praia da Concheira, onde comezou a historia do turismo en Baiona, cando existía na zona un balneario, e agora damos un paso máis adiante no turismo de calidade que queremos ofrecer aos nosos veciños e visitantes”, explica.

113 bandeiras azuis

Galicia mantén a súa posición na clasificación nacional de bandeiras azuis recibidas para os areais galegos, con 113; que se eleva a 131 distincións para praias e portos deportivos; polo que a sitúa na segunda posición no número total de areais que contan con bandeira azul, despois de Valencia con 129 distincións.

Deste xeito, a comunidade galega acapara case un 25% (24,3) das 579 bandeiras azuis totais outorgadas en España pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) aos areais, e vai seguida no ránking nacional pola Comunidade catalá (95 bandeiras).

Anuncios