Anuncios
Ticker de novas

Verbena co grupo Aramio e gran sardiñada en Donas

FOTO: GRUPO ARAMIO

A Comisión de Festas de Donas organiza este fin de semana unha verbena e unha gran sardiñada. A verbena será o venres 16 de xuño a partir das 22:00 horas, a cargo do grupo Aramio. O sábado 17, a partir das 19:00 horas no Torreiro de Festas de Donas, será a gran sardiñada. Ademais de degustación gratuíta de sardiñas e pan de millo, haberá tamén churrasco e empanada. Estará amenizada polo trío Mar de Arousa.

Anuncios