Anuncios
Ticker de novas

A Policía Local de Gondomar inicia unha campaña contra as verteduras incontroladas

FOTO: POLICÍA LOCAL DE GONDOMAR

Á vista da problemática advertida nos puntos de recollida de residuos sólidos urbanos que son utilizados de xeito descontrolado para depositar escombros de obras, animais mortos, tala e poda de árbores e restos de desbroces e limpeza de maleza que poden converterse en potenciais focos infecciosos, a Policía Local de Gondomar pon en marcha unha campaña informativa, de vixilancia e de actuación sobre as persoas que de xeito incívico e irresponsable realizan estes comportamentos.

Con todo, piden colaboración á veciñanza e ofrecen os teléfonos deste Corpo: 986389191 – 696998080, para axudar a atopar calquera indicio que leve á identificación destas persoas.

Aproveitan para informar que os residuos que precisan unha xestión específica, polo seu tamaño (residuos voluminosos) ou pola súa composición (pilas, disolventes e outros materiais perigosos) e para os que non existe colector na vía pública pódense depositar na Punto Limpo situado no lugar “Regato de Padróns”, na Pasaxe, Vincios.

A actuación da Policía Local axustarase ao establecido na Ordenanza municipal reguladora de Medio Ambiente, Limpeza e Convivencia aprobada polo Pleno do día 6/04/2017 que prevé sancións de ata 3.000 euros por infraccións moi graves á dita normativa.

Anuncios